O apartado de Solución de problemas consiste nas seguintes actividades asociadas a cada un dos temas da materia: • REVISIÓN SISTEMÁTICA (40% da nota final) Desde o comezo do curso, cada alumno ou alumna terá dispoñible na aula virtual a información e temporalización sobre as tarefas que deberá desenvolver ao longo das sesións e que obrigatoriamente entregará para a súa avaliación: 1. CONTRIBUÍR Á ELABORACIÓN DOS APUNTES COLABORATIVOS. 2. BUSCAR, AVALIAR E PRESENTAR NA AULA A INFORMACIÓN DUN ARTIGO RCT SOBRE UN TEMA SELECCIONADO. 3. BUSCAR E AVALIAR UNHA REVISIÓN SISTEMÁTICA CO PROTOCOLO PRISMA. Entregarase un planilla con todos os items dos que consta a avaliación. Redactarase unha pequena reflexión crítica sobre a revisión e os seus resultados. 4. PRESENTAR Os RESULTADOS DA AVALIACIÓN ANTERIOR NA AULA. 5. ELABORAR A PRIMEIRA PARTE DUNHA METAANÁLISE. Definir un obxectivo de estudo moi concreto e ben fundamentado. Deseñar unha estratexia de procura adecuada. Definir os criterios de selección dos artigos. Facer unha valoración da calidade e do risco de sesgo dos artigos seleccionados. 6. PRESENTAR OS RESULTADOS DA PRIMEIRA PARTE DA METAANÁLISE NA AULA. • METAANÁLISE (40% da nota final) Cos artigos localizados na parte do curso dedicada á revisión sitemática, o alumno deberá realizar un metaanálisis co programa CMA. O alumno deberá achegar un informe que conterá as seguintes partes: 1. IDENTIFICACIÓN DOS TRABALLOS EMPREGADOS: Listaxe de artigos e identificación do/os parámetros dos mesmos a empregar no metaanálise 2. SELECCIÓN XUSTIFICADA DO TAMAÑO DO EFECTO A ANALIZAR 3. META-ANÁLISE. Deberá incluírse, tanto para o modelos de efectos fixos como aleatorios, Forest plot; p-valores de traballos individuais e do efecto resumen; límites inferiores e superiores dos intervalos de confianza de efectos individuais; peso de cada traballo; estatísticos de homogeneodad (Q, I e T^2) 4. INTERPRETACIÓN DA METANÁLISE. Conclusións respecto a análise realizada tanto no referido ao resultado final como no concernente á homoxeneidade dos efectos. Así mesmo incluirase algunha reflexión respecto ao contraste entre o resultado obtido baixo o modelo de eefctos fixos e o modelo de efectos aleatorios. En canto ao apartado de Sesión maxistral (asistencia), poderarase en función da porcentaxe de asistencia e participación activa. A materia considérase superada cando a nota final (media ponderada dos diferentes apartados) sexa maior ou igual ao 50% da máxima nota posible (5 sobre 10). Os diferentes apartados superados serán conservados en oportunidades sucesivas. Na segunda oportunidade de cada convocatoria, o alumnado só poderá optar á avaliación de calquera dos apartados da metodoloxía "Solución de problemas" e da "Proba Obxectiva". |