Lección maxistral |
Na sesión maxistral predomina a forma expositiva, dos contidos da asignatura. Trabállase fundamentalmente o saber (competencia técnica), aínda que tamén se traballan os outros saberes (saber facer, saber ser e saber estar). A docente desempeña un papel eminentemente activo. O alumnado ten como función tomar apuntamentos, notas, relacionar conceptos ou preguntar á docente. |
Resolución de problemas |
Formulación, análise, resolución e debate por parte do alumnado dun problema ou exercicio, relacionado coa temática da materia. |