Traballo tutelado |
Exercicios e prácticas guiadas con recursos educativos, materiais e técnicas propias da ensinanza das Artes, do Debuxo ou da Educación Plástica. |
Prácticas con apoio das TIC |
Prácticas na creación de recursos educativos a través de aplicacións online, gratuítas ou libres. |
Cartafol/dossier |
Recompilación do traballo do/a estudante co obxectivo de amosar o traballo realizado na creación do material didáctico, onde se recollen os progresos e logros. A recompilación debe incluír contidos elixidos polo alumno/a, os criterios de selección e evidencias de autorreflexión. |
Aprendizaxe colaborativa |
Procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa propia aprendizaxe. |