Código |
Descrición |
B1 |
Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente. |
B2 |
Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos. |
B10 |
Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado. |
B14 |
Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual, perspectivas e interrelación coa realidade social de cada época. |
C1 |
Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións. |
C2 |
Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan a aprendizaxe. |
C3 |
Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais. |
C4 |
Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes. |
C5 |
Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas. |
C8 |
Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá. |
C9 |
Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia. |
D1 |
Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. |
D2 |
Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. |
D3 |
Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios |