Para o alumnado que siga a avaliación
continua:
O alumnado que
siga a avaliación continua terá que entregar todos o traballos, exercicios e probas
para poder ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria
(só se pode faltar o 20% das horas). Os traballos
entregaranse na aula e subiranse á plataforma (Moovi) segundo o calendario que
se estableza. Aquel alumnado
que non supere algunha das probas ou actividades que son obxecto de avaliación
poderá recuperalas na convocatoria de xullo. Avaliación global No caso dos alumnos que soliciten a Avaliación Global (as condicións para esas solicitudes serán detalladas polo mestrado), As entregas dos exercicios serán entregadas según o calendario establecido polo mestrado (recoméndase contactar con cada un dos profesores que imparten docencia na materia). Os exercicios na avaliación global seguen o mesmo porcentaxe da avaliación que na avaliación continua SEGUNDA CONVOCATORIA No caso do alumnado
que aínda asistindo regularmente a clase e realizando as entregas parciais non
logren superar a materia deberá presentar na segunda convocatoria so aqueles
traballos ou exercicios nos que non alcanzasen a nota mínima de 5. . As tutorías realizaranse tanto de forma
presencial como por medios telemáticos (despacho virtual / campus remoto) baixo
a modalidade de concertación previa. As datas de exames pódense consultar na web do mestrado http://mpe.uvigo.es/gl/docencia/exames/ |