AVALIACIÓN CONTINUA. Probas e Criterios Acandar un mínimo de 5 puntos en cada unha das probas de avaliación. Presentar en tempo e forma os diferentes traballos vinculados a materia. Presentar e defender o traballo tutorizado na aula. O alumnado que supere o 80% de ausencias a docencia presencial non poderá ser evaluado a través da modalidade de evaluación continua. AVALIACIÓN GLOBAL: Probas e Criterios Acandar un mínimo de 5 puntos en cada unha das probas de avaliación (traballo tutelado 30% e traballo 30%). Presentar en tempo e forma os diferentes traballos vinculados a materia referenciados na avaliación continua. Presentar e defender o traballo tutorizado ante o/os docentes. Realizar un exercicios teórico-prácticos (a coordinar coa profesora) vinculados á temática das devanditas clases. (40%) En caso de non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. Só se gardará a nota da parte aprobada para a segunda convocatoria do mesmo curso académico. As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na ligazón: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |