Prácticum, Practicas externas e clínicas |
O núcleo formativo fundamental do Prácticum desenvolverase mediante a participación no proceso
de ensino e aprendizaxe da aula de educación primaria asignada (xeralista e de especialidade, se é o caso).
O alumno de prácticas participará nas reunións dos equipos educativos dos que faga parte e
colaborará nos proxectos de innovación e nas actividades extraescolares que o centro desenvolva.
Así mesmo asistirá a todas as reunións e actividades organizadas para que os estudantes en
prácticas coñezan en profundidade a realidade educativa da Educación Primaria |
Traballo tutelado |
O traballo tutelado estará enfocado cara a reflexión das prácticas levadas a cabo, sobre todo en
relación coa memoria de prácticas, que mostrará a observación e análise do contexto
socioeducativo, a avaliación dos documentos obrigatorios do centro e a observación das súas
implicacións para a aula, ademais do deseño e desenvolvemento de experiencias didácticas para a
aula, con especial atención á avaliación e mellora deste deseños. |