Por acordo da comisión permanente da Conferencia de Decanas e Decanos de Educación, as prácticas curriculares serán presenciais, tal e como se establece nas ordes ECI e nas memorias de verificación dos títulos. Polo tanto, levaranse a cabo nos centros educativos e/ou institucións colaboradoras e o alumnado en prácticas adaptarase aos plans de continxencia que estes habiliten no seu caso.
Calquera outra cuestión sobrevida que poida producirse derivada da situación sanitaria e que requira toma de decisión ao respecto realizarase, garantindo a igualdade de oportunidades, de acordo cos criterios que a Conferencia de Decanas e Decanos de Educación determine. Estes acordos serán remitidos á CRUE, ao Ministerio de
Universidades e as axencias españolas de calidade universitaria a efecto de cumprir cos procesos formais de seguimento e calidade dos títulos. |