Presentación |
Participación e implicación nas distintas presentacións que se propoñan, tanto individuais como grupais |
10 |
|
B2 B11
|
C55 C56
|
D1 D2 D9 D18 D21
|
Cartafol/dossier |
Dossier organizado con todas as actividades levadas a cabo na materia por todos os membros da clase e tanto teóricas como prácticas. |
20 |
|
|
C54 C56
|
D2 D5 D7 D8 D15 D17 D19 D21
|
AVALIACIÓN: Aplicaranse dous sistemas de avaliación diferenciados para o alumnado: avaliación continua e avaliación global. A avaliación continua: a que se efectúa mediante un conxunto de probas ou actividades realizadas ao longo do período formativo vencellado á materia e que deben permitir valorar o progreso de cada estudante ao longo do dito período. Avaliación global: a que se leva a cabo a través dunha "proba de avaliación global" una vez finalizado o período formativo vencellado á materia. O alumnado que por diversos motivos non poida participar no desenvolvemento da materia deberá poñerse en contacto co profesorado nos primeiros días de inicio da materia para informar desta situación e poder ser convenientemente avaliado. Do mesmo modo, todo aquel alumnado que, sen notificar esta situación, asista a menos do 80% das sesións será avaliado coa proba global. * Avaliación continua: A nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos apartados especificados no cadro superior. * Avaliación global: Os alumnos/as realizarán un exame práctico relacionado cos resultados de aprendizaxe da materia. A avaliación e a superación da mesma virá determinada do seguinte xeito: - O alumno ou alumna terá que realizar dúas danzas, unha libre e unha danza do mundo, en grupo de 4 a 6 participantes, e na que, aquí sí, a complexidade e precisión na exudación das mesmas, serán tamén valoradas. 30%
Do mesmo xeito, a nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes. SEGUNDA CONVOCATORIA: De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo, gardándose a nota da parte superada (exclusivamente para o presente curso académico), tanto na avaliación continua coma na global. As datas de exames se poden consultar na web da facultade no apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |