Alumnado que opte pola metodoloxía de avaliación continua (80% de asistencia): Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar cada un dos traballos que se indiquen, o proxecto de selección lectora e o exame. Na súa valoración tamén se contemplará a capacidade para producir textos orais e escritos pertinentes no seu contido, ben estruturados, adecuados á situación comunicativa e correctos desde a perspectiva ortográfica e gramatical. Así mesmo, terase en conta a participación en eventos científicos (Congresos, Seminarios, Xornadas...). De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán de novo avaliadas na convocatoria de xullo. Alumnado que opte pola metodoloxía de avaliación global: Será avaliado mediante as mesmas probas e traballos expostos para o alumando presencial. Para a súa realización contará con documentos-guía no Moovi e as correspondentes adaptacións. Comunicaralle á persoa docente a súa decisión de aterse á metodoloxía de avaliación global nas primeiras seis semanas de inicio do cuadrimestre para marcar un plan de traballo. As datas oficiais dos exames pódense consultar na páxina web da facultade (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames). |