Lección maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia, así como achega de obras literarias, materiais, estratexias, recursos, experiencias, fontes etc. Buscarase un diálogo permanente co alumnado, que asumirá unha participación activa e reflexiva. |
Obradoiro |
Realización de actividades orientadas á adquisición de coñecementos e habilidades ao redor de prácticas que motiven a formación dun lector competente e o hábito lector (seleccións lectoras, lecturas dialóxicas, escrita creativa...). |
Eventos científicos |
Asistencia a eventos que permitan coñecer con maior profundidade os axentes do sistema literario infantil e xuvenil, así como aqueloutros que estean orientados á innovación educativa. |