AVALIACIÓN CONTINUA Farase una avaliación continua a través do seguimento do alumno nos traballos da aula, a través da exposición de traballos e a realización de probas. Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia escrita e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos e a aportación crítica de ideas e reflexións no desenvolvemento dos devanditos traballos. Para poder ser calificado con esta modalidade, o alumno deberá entregar todas as probas establecidas polas docentes, nas datas indicadas. Se o alumno non entrega todos os traballos, non poderá acollerse á avaliación continua.
AVISO: a detección de plaxio nalgún dos traballos propostos suporá a perda do dereito á avaliación continua.
AVALIACIÓN GLOBAL
Os alumnos que non fagan avaliación continua farán unha proba final que valerá o 100% da nota final, que se realizará nas datas oficiais establecidas polo centro.
Neste exame haberá unha parte teórica e unha parte práctica que abrangue tanto exercicios de corrección lingüística, semellantes aos desenvolvidos nas horas prácticas da materia, como de aplicación didáctica dos contidos estudados ao longo do curso.
Avaliarase
a competencia oral (10%), a competencia escrita (40%), a aprendizaxe de
contidos (20%) e a aplicación de competencias e de coñecementos (30%).
2ª CONVOCATORIA Na convocatoria de xullo farase unha proba final que valerá o 100% da calificación. Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia escrita e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos e a aportación crítica de ideas e reflexións no desenvolvemento das preguntas formuladas.
|