Avaliación continua:Posto que a materia ten dúas partes diferenciadas, a avaliación terá unha parte centrada na didáctica e outra na lingua. A avaliación na primeira convocatoria será continua. Por tanto a realización de todas as tarefas obrigatórias nas datas propostas é imprescindible para superar a materia. Avaliación global: Todo o alumnado que non poda optar pola evaluación continua ten dereito a ser avalado mediante un exame que constará duhna proba escrita (70) e outra oral (30). De aprobar a escrita, farase unha proba oral, na que o estudante deberá conversar durante 10 minutos sobre puntos de interese didáctico da película obrigatoria e os contos obligatorios. A data da proba escrita será a data oficial para os exames que se recolle na páxina web da facultade (www.fcced.webs.uvigo.es) no apartado de organización académica. A data da proba oral será establecida pola profesora. De non ter superada a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse á segunda convocatoria de xullo. SEGUNDA CONVOCATORIA: Se o alumnado non pode cumprir os requisitos da avaliación continua ou se non acadara os puntos necesarios para superar a materia durante a evalución continua, poderá presentarse á segunda convocatoria. Neste caso será avaliado cun único exame en inglés con probas escritas e orais (70+30). A proba escrita estará relacionada cos contidos do programa, con tarefas de carácter teórico e supostos prácticos. De aprobar a escrita, farase unha proba oral, na que o estudante deberá conversar durante 10 minutos sobre puntos de interese didáctico da película obrigatoria e os contos obligatorios. A data do exame escrito será a da data oficial fixada polo centro para a segunda convocatoria no apartado de organización académica (www.fcced.webs.uvigo.es). As datas dos exames orais acordaranse segundo as posibilidades de horarios do centro e do alumnado que aprobase o exame escrito.
O uso de tradutores automáticos para a realización dos traballos ou tarefas suporá a inmediata exclusión da avaliación continua, debéndose presentar á avaliación da segunda convocatoria nas datas propostas polo centro e recollidas na páxina web da facultade. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. Igualmente, os uso de tecnoloxías de apoio á aprendizaxe, incluida a Intelixencia Artificial, debe ser ético e xusto para co resto do alumnado e a docente. A docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de sospeita fundada de que algún traballo (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a sospeita fundada por parte da docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola docente. En todos os casos, A AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE INTERCAMBIO SEGUIRÁ EXACTAMENTE O MESMO PROCEDEMENTO DO ALUMNADO REGULAR DA UVIGO, SEN EXCEPCIÓNS. AS DATAS DE AVALIACIÓN SERÁN TAMÉN AS MESMAS PARA TODO O ALUMNADO: O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DEBERÁ ESTAR DISPOÑIBLE PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS E EXAMES NAS DATAS ESTABLECIDAS. Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe. É responsabilidade do alumnado acceder regularmente aos contidos da materia e demáis ferramentas da plataforma Moovi. |