CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
Para superar
a materia, tanto na modalidade presencial como na non presencial será preciso que o alumnado obteña en todas
e cada unha das partes avaliables, polo menos un 50% da cualificación total. A nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes, sendo
preciso superar cada unha delas illadamente.
Aplicaranse dous sistemas de avaliación diferenciados para o alumnado.
O alumnado
que por diversos motivos non poida participar no desenvolvemento da materia en calidade
de Asistente deberá porse en contacto co profesorado nos primeiros días de inicio da materia para informar desta situación e poder ser
convenientemente avaliado.
Do
mesmo modo, todo aquel alumnado que, sen notificar esta situación, asista a menos do 80% das sesións prácticas será considerado para todos os efectos como
Non Asistente. O alumnado deberá entregar a súa ficha debidamente cumprimentada nun prazo máximo de tres
semanas facendo constar expresamente a modalidade pola que opta.
* Avaliación continua: A nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos
apartados especificados no cadro superior, sendo preciso ter
superados cada un deles illadamente.
* Avaliación global: Os
alumnos/as non asistentes, realizarán un exame práctico relacionado cos resultados de aprendizaxe da materia. A avaliación e a superación da mesma virá determinada da seguinte maneira: - Traballos e proxectos (individuais): 30%
- Exame práctico, de exeución de tarefas reais e/ou simuladas. 30%
- Proba teórica de resposta curta: 40%
Do mesmo xeito que na modalidade Presencial, a nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes, sendo preciso superar cada unha delas illadamente, obtendo polo menos un 50% da súa cualificación total.
SEGUNDA CONVOCATORIA:
De non ter
superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria
de xullo, gardándose a nota da parte superada (exclusivamente para o presente curso académico), tanto na avaliación global como na continua.
Toda a información necesaria para superar a materia atópase na plataforma de teledocencia a disposición dos alumnos/as.
|