Avaliación continua: - Parte A: entrega dun traballo de estudo de casos (20% da puntuación) e realización de exame individual (40%). -
Parte B: mediante entrega de prácticas de laboratorio, que
representarán en total un 40% da cualificación. É requisito asistir a un
80% das clases B para optar a avaliación continua nesta parte. É preciso aprobar as partes A e B para superar a materia. Avaliación global: - Parte A: exame individual (40%) e exame de estudo de casos de aplicación de contidos traballados en nesta parte (20%). - Parte B: exame que representará un 40% da cualificación total. É preciso aprobar as partes A e B para superar a materia. Alumnado de segunda oportunidade de avaliación: De
non superar a materia na primeira oportunidade de avaliación, as
competencias non adquiridas serán avaliadas na oportunidade de
avaliación de xullo, para a que se gardarán as partes aprobadas (A/B) na
primeira oportunidade.
O alumnado que non aprobe algunha parte da materia na primeira
oportunidade de avaliación, debe: - Parte A: realizar o exame da
parte A (40%) e entregar traballo de estudo de casos ou realizar o exame
de estudo de casos (20%). Se unha destas dúas partes que compoñen a
parte A superouse na primeira oportunidade de avaliación gardarase a
nota correspondente para a segunda oportunidade. - Parte B:
Realizar o exame da parte B (40%). As persoas que asistisen ao 80% das
clases de laboratorio poderán tamén optar no seu lugar por entregar os
traballos de aula desa parte. É preciso aprobar as partes A e B para superar a materia. As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |