A avaliación continua consiste nas probas teóricas e prácticas, os traballos de aula, traballo tutelado e demais actividades, que serán liberatorias. No exame final (oficial) se farán as probas teóricas e prácticas que queden pendentes, no seu caso. As actividades das clases B non realizadas NON SE REPITEN. Aquelas actividades non realizadas, sen a xustificación adecuada, contarán no cómputo parcial de actividades cun 0. Se o alumno ou alumna quere recuperar as actividades non realizadas, deberá repetir TODAS as actividades do curso no exame final, de maneira similar a quen opte pola avaliación global. A avaliación global será no exame final (oficial), onde se realizarán ademais todas as actividades de aula non realizadas por quen opte por este tipo de avaliaciónn. Para obter un aprobado na calificación final é CONDICIÓN NECESARIA superar as probas teóricas e prácticas. A realización das demais actividades por si soas, aínda que numericamente permítano, non será suficiente para conseguir o aprobado final. Da mesma maneira, o aprobado da parte teórico-práctica non bastará para o aprobado final sen a realización e superación das demais actividades As probas teóricas e prácticas non se compensarán entre sí de face á nota final; é preciso aprobar o tres partes de maneira independente. Os contidos teórico-prácticos de cada proba serán os seguintes: na primeira, os do bloque 1; na segunda, os do bloque 2; na terceira, os do bloque 3. Ás probas parciais teórico-prácticas so se *podrÃ*n presentar aqueles alumnos que entreguen unha ficha debidamente cuberta dentro do primeiro mes, e que asistan regularmente a clase optando pola avaliación continua. A asistencia ás clases B, para a avaliación continua, é obrigatoria. Na segunda convocatoria, xullo, e demais convocatorias extraordinarias, deberá facerse un exame global da materia. Non se conservarán as notas de eventuais partes aprobadas. Soamente se conservaán, en caso de terse realizado na aula, as cualificacións das actividades das clases B. De non realizar estas actividades, deberán realizarse nese exame. Todo o alumnado, asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado (mediante un exame ou no modo que se estableza na guía docente). As mesmas condicións de avaliación xerais rexen para aqueles alumnos que, por algunha razón, non poidan asistir regularmente a clase. As datas dos exames poden consultarse na páxina web da Facultade, no enlace http://fcced.uvigo.es/é/docencia/examenes/
|