Exame de preguntas obxectivas |
Avaliación final do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos, que abranguerá a realización individual obrigatoria dun exame presencial, consistente na resolución dun cuestionario teórico-práctico tipo test sobre os contidos da materia. |
40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
C25 C26 C27 C28 C29 C30
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D21 D22 D23
|
- Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula é preciso asistir ás sesión lectivas da aula-laboratorio (clases B) nun 80% do tempo presencial, cun aproveitamento idóneo, e ademais entregar en tempo e forma a Actividade Experimental e realizar a presentación deste traballo na data fixada.
- AVALIACIÓN GLOBAL: todas aquelas alumnas e alumnos que non acaden o 80% da asistencia e/ou non entreguen e expoñan a Actividade Experimental deberán realizar dúas probas de resposta longa:
- Exame teórico-práctico: suporá un 60%
- Exame das prácticas de laboratorio: suporá un 40%
- Para opter unha avaliación positiva é preciso obter unha cualificación positiva en sendas probas, e a nota final será a nota ponderada de ámbalas dúas cualificacións.
- Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, na aula virtual do curso en Moovi.
- Para obter unha avaliación contínua positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan acomodadas.
- DATAS DE EXAMES: consultaranse na páxina web da facultade no apartado de organización académica. http://fcced.webs5.uvigo.es/es/docencia/examenes/
- 1ª CONVOCATORIA:A cualificación final (nota) será obtida, por avaliación continua, mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares (notas) das prácticas de laboratorio, da presentación e das probas presenciais, realizadas ao longo do curso. En todo caso será necesario alcanza unha cualificación mínima de aprobado (5 sobre 10) para superar a materia.
- 2ª CONVOCATORIA: gardaranse todas as cualificacións parciais (notas) positivas das prácticas de laboratorio e da presentación, obtidas pola alumna ou polo alumno durante todo o curso.
|