Alumnado de modalidade de Avaliación Continua: Para o alumnado que siga a Avaliación Continua, os traballos e informes de prácticas serán obrigatorios, e contará a asistencia a clase, que tamén será obrigatoria (esíxese a asistencia regular a, polo menos, o 80% das sesións). Todos os traballos e informes, subiranse á plataforma (Moovi) segundo o calendario que se estableza. Para superar a materia, será preciso que os e as estudantes obteñan en cada unha das catro probas ou actividades obxecto de avaliación sinaladas, como mínimo, un 50% da cualificación establecida para cada apartado. Aquel alumnado que non supere algunha das probas ou actividades que son obxecto de avaliación, poderá recuperala/s na convocatoria de xullo. Alumnado de modalidade de Avaliación Global: No caso de que algunha alumna ou alumno non poida seguir a avaliación continua e o traballo en grupo titorizado polos docentes, terá unha avaliación das competencias da materia, na primeira convocatoria e seguintes, que incluirá: unha proba sobre os contidos teóricos da materia (40% da nota final), un ou máis traballos de materia (40% da nota), e unha proba sobre os contidos prácticos da disciplina (20%). Para superar a materia será preciso que o ou a estudante obteña en cada unha destas tres partes o 50% da cualificación establecida para cada unha. Para alumnado con Necesidades específicas de apoio, debidamente acreditadas pola autoridade competente que corresponda, poderán adoptarse as medidas de apoio educativo máis adecuadas. Todas as datas oficiais de exames pódense consultar na WEB da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, na sección de organización académica ou no seguinte enlace: http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |