Para o aproveitamento exitoso da materia RECOMÉNDASE:
A) Asistencia continua a sesións de teoría e práctica. A asistencia a clase considérase fundamental para o seguimento da materia por parte do alumnado e para a avaliación do grao de desenvolvemento das capacidades e competencias.
B) As tarefas e actividades prácticas poderán abranguer varias sesións de traballo e será necesario rematar algunha fora do horario de clase.
Tendo en conta que os contidos da materia son obxecto constante de opinións, comentarios, debates e decisións, dende os ámbitos político, administrativo, económico e social; sería conveniente para poder estar ao día á lectura de páxinas web do Ministerio de Educación, das comunidades autónomas e dos diferentes centros educativos da Xunta de Galicia, do Ministerio e doutras Comunidades Autónomas, así como revistas específicas de educación, organización, xestión, avaliación e calidade de institucións educativas.
|