O alumnado que non asista ás clases ou que non acade a asistencia mínima para ser avaliado na modalidade de avaliación continua, deberá poñerse en contacto co profesorado da materia, o cal lle indicará as tarefas que debe realizar para superar a mesma na modalidade de avaliación global. Asimesmo, para o alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria, na segunda convocatoria (xullo) só se avaliarán as competencias non acadadas na primeira convocatoria. Estas tarefas consistirán fundamentalmente en: Prácticas: 1) Execución de fragmentos musicais tocando un instrumento escolar 2) Demostrar saber dirixir unha peza musical e saber crear un acompañamento 3) Saber instrumentar unha peza musical para orquestra escolar Teóricas: Demostrar de coñecer os elementos da linguaxe musical: a) Melodía (notas, escalas, modos e tonalidades) b) Harmonía (Pedal, Bordón, Ostinatos e Acordes) c) Ritmo (sílabas, Kodaly, Sistema cronométrico). As datas de exames se poden consultar na web da facultade no apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |