Para superar a materia en primeira convocatoria e de forma continuada, o alumnado deberá superar a parte práctica (50%) tal e como se describe no apartado de probas (traballos presenciais e prácticas de laboratorio). Tamén se realizará un exame da parte teórica (50% o día oficial do exame. Imprescindible superar as dúas partes, teórica e práctica, para aprobar a materia.
Na resolución de problemas e/ou exercicios:
Avaliarase o traballo entregado polo alumno sobre os exercicios propostos. Valorarase a calidade, a coherencia, os aspectos formais, etc. Este apartado formará parte da avaliación en función do progreso da materia, podendo supoñer ata un 10% da nota final.
Quen non cumpra os requisitos da práctica de forma continuada, pasará a realizar a avaliación global, consistente en:
a) exame da parte teórica da materia: 5 puntos
b) exame da parte práctica da materia: 5 puntos
Imprescindible superar os dous apartados a) e b) para aprobar a materia
Data do exame: Consulta (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames) no menú "Data do exame" |