Resolución de problemas de forma autónoma |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma. |
|
Eventos científicos |
O alumnado poderá achegar documentación doutros eventos educativos que teñan lugar na facultade, universidade ou no contexto social inmediato sempre que axuden ao desenvolvemento exitoso da materia e a asimilación e dominio dos contidos. |
|
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Utilizarase como metodoloxía base o Aprendizaxe Basado en Proyectos ou Project Based Learning (PBL) ou a aprendizaxe en servizo. Tratase dun método didáctico que utiliza metodoloxías activas e colaborativas cuio obxectivo é que o alumnado alcance o dominio duns contidos mediante a realización dun proxecto.
Siguiendo a Edwards (2000) o proceso para levar a cabo o diseño por proxectos é o seguinte:
* Planificación da investigación
* Selección do tema
* Recollida da información
* Aplicación
* Análise de datos
* Informe
* Seguimento e avaliación
O proxecto consistirá na elaboración dunha unidade didáctica integrada que se realizará grupalmente ó longo do curso. Cada elemento curricular desta unidade terá un apartado teórico de fundamentación e análise que se realizará a través de consultas documentais e bibliográficas e tamén un apartado de diseño curricular. As diferentes fases do proxecto concretaranse nun produto escrito no ordenador para incorporar na plataforma. A profesora ofrecerá posibles temáticas para a unidade didáctica.
A elaboración do proxecto terá varias fases que coinciden co diseño dos elementos curriculares dunha unidade didáctica.
Para desenvolver o proxecto o alumnado terá en conta as explicacións teóricas da profesora e o traballo en equipo cos compañeiros donde se realizará unha retroalimentación do proceso para correxir o antes posible os posibles erros no desenvolvemento do proxecto, e a experiencia dos compañeiros de outros cursos o que permitirá una coavaliación do proceso.
Utilizaranse diferentes estratexias didácticas, como a gamificación, técnicas cooperativas ou a aula invertida e recursos e materiais propios de cada disciplina. No desenvolvemento do proxecto cumpren un papel fundamental as contornas virtuais de aprendizaxe que neste caso virán desenvolvidas a través da plataforma (MOOVI). |
|