Para o alumnado que segue a avaliación continua:
O alumnado que siga a avaliación continua deberá entregar todos os
traballos, exercicios e probas a avaliar nesta modalidade, así como cumprir coa
asistencia obrigatoria (mínimo esixido: 80% das sesións teórica e práctica
respectivamente).
As entregas serán programadas
Estudantes de avaliación global:
No caso do alumno que non poida seguir a avaliación de xeito continuo,
deberá superar unha proba escrita sobre os contidos teóricos presentados nas
clases maxistrales e o resto dos traballos prácticos.
O alumnado de avaliación global deberá poñerse en contacto co profesor da
materia nas tres primeiras semanas de clase para coñecer en detalle os
traballos e exercicios que se van entregar.
SEGUNDA CONVOCATORIA No caso do alumnado que, a pesar de asistir
habitualmente a clase e realizar entregas parciais, non supere a materia,
deberá presentar en segunda convocatoria aqueles traballos ou exercicios nos
que non acadasen a nota mínima de 5.
Alumnos de avaliación global: No caso do alumno que non poida seguir a
avaliación continua, terá que superar unha proba escrita sobre os contidos
teóricos presentados nas clases maxistrais e o resto dos traballos prácticos. O
alumnado non presencial deberá poñerse en contacto co profesorado da materia
nas tres primeiras semanas de clase para coñecer polo miúdo os traballos e
exercicios a entregar.
Titorías presenciais ou en liña (oficina virtual no campus remoto) previa
cita. As datas dos exames pódense consultar na páxina web da facultade na
sección de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exámenes/
Contacto:
http://fcce.uvigo.es/es/docencia/profesorado/nestor-martin-gulias/
Correo electrónico: nmartingulias@gmail.com.
Teléfono de contacto: 635 50 48 48