Avaliación
continua: - Parte A:
mediante entrega de traballos (20% resolución de problemas e/ou exercicios, 40%
traballos de aula). - Parte B:
mediante entrega de prácticas de laboratorio, que representarán en total un 40%
da cualificación. É requisito asistir a un 80% das clases B para optar a
avaliación continua nesta parte. É preciso
aprobar as partes A e B para superar a materia. Avaliación
global: - Parte A:
exame que representará un 60% da cualificación total. - Parte B:
exame que representará un 40% da cualificación total. É preciso
aprobar as partes A e B para superar a materia. Alumnado de
segunda oportunidade de avaliación: De non ter
superada a materia na primeira oportunidade de avaliación, as competencias non
adquiridas serán avaliadas na oportunidade de avaliación de xullo, para a que
se gardarán as partes aprobadas (A/B) na primeira oportunidade. O alumnado
que non aprobe algunha parte da materia na primeira oportunidade de avaliación,
poderá optar na segunda por: - Parte A:
Realizar o exame da parte A ou entregar os traballos de aula desa parte. - Parte B:
Realizar o exame da parte B. As persoas que asistiran ao 80% das clases de
laboratorio poderán tamén optar no seu lugar por entregar os traballos de aula
desa parte. É preciso
aprobar as partes A e B para superar a materia. As datas
oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade:
http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |