Pretendemos que o alumnado adquira unha boa competencia lingüística e literaria do español e para alcanzar este obxectivo traballaremos as destrezas que entran en xogo no proceso comunicativo: a capacidade lectora, a expresión oral, a expresión escrita e a análise e interpretación de textos orais e escritos.