Lección maxistral |
As sesións maxistrais desenvolveranse con toda a clase, nas horas de grupo A. Nelas a profesora introducirá os principais contidos teóricos e conceptos esenciais dos diferentes puntos indicados nos contidos da materia. |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Ao longo do curso, o alumnado deberá elaborar un proxecto que se deberá presentar primeiro por escrito e despois se levará a cabo oralmente nas datas indicadas no inicio do curso. O proxecto será de carácter grupal e nel o alumnado deberá aplicar a teoría e metodoloxía aprendidas ao deseño e implementación práctica (simulación) dunha breve unidade didáctica para a que deberán elexir un dos temas propostos pola profesora. As instrucións para a realización deste traballo (tanto para a súa versión escrita como para a súa representación oral na aula) estarán detalladas na plataforma de aprendizaxe, e serán explicadas pola profesora ao inicio do curso. Nas aulas a profesora guiará o alumnado para a execución destes proxectos.
|