Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Participación activa e significativa nas aulas e realización de actividades propostas pola profesora. A mera asistencia non será obxecto de avaliación xa que é requisito imprescindible para realizar a avaliación continua. 5 B11
C29
C44
C48
C63
D3
D4
D7
D8
D15
D16
D17
Debate O alumnado representará en grupo unha breve peza teatral. As instruccións específicas para a realización desta actividade se explicarán ao incio do curso. 20 A2
A4
A5
B2
B3
B4
B6
C5
C6
C8
C21
C22
C28
C29
C40
C41
C42
C43
C44
C45
C46
C47
C48
C49
C50
C51
C52
C54
C55
C56
C57
C59
C60
C62
C63
C64
C65
C66
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
Presentación O alumnado realizará 2 presentacións orais obligatorias:

Exposición 1 (20%). O alumnado dramatizará de xeito individual unha actividade en lingua inglesa para a aula de Educación Infantil. As instruccións específicas para a realización desta actividade se explicarán ao incio do curso.

Exposición 2 (20%). En parellas, o alumnado realizará un video-clip musical. As instruccións específicas para a realización desta actividade se explicarán ao incio do curso.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B11
C6
C13
C21
C22
C29
C41
C43
C44
C46
C49
C52
C55
C57
C59
C63
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
D15
D16
D17
D19
Exame de preguntas obxectivas O alumnado realizará un exame escrito no que se avaliarán os coñecementos gramaticais e léxicos adquiridos nas sesións teóricas. Este exame poderá comprender distintos tipos de actividades e exercicios, así como probas de comprensión oral (listening), comprensión lectora (reading), e expresión escrita (writing). 20 A1
A2
A3
C43
C44
C48
C49
C57
D3
D4
D8
D15
Exame oral Para superar a materia haberá que realizar unha proba oral na que se avaliará a comprensión e expresión oral. 15 A3
C44
C45
C46
C48
C49
C51
C52
D1
D2
D3
D4
D15
D19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA: 

A avaliación da materia será prioritariamente continua. As tarefas (obrigatorias), presentacións (obrigatorias), e exames (oral e escrito). deberán ser realizados nas datas correspondentes establecidas ao inicio do curso e publicadas pola profesora en MOOVI. A avaliación do alumnado de intercambio seguirá exactamente o mesmo procedemento do alumnado da UVigo, sen excepcións. O alumnado deberá realizar todas as probas que compoñen a avaliación continua, o incumprimento destes requisitos suporá a cancelación deste tipo de avaliación, e o alumnado terá que presentarse a segunda oportunidade de avaliación na convocatoria de xuño/xullo.

uso de tradutores automáticos para a realización dos traballos ou tarefas suporá a inmediata exclusión da avaliación continua, debéndose presentar á avaliación da segunda convocatoria nas datas propostas polo centro e recollidas na páxina web da facultade.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Igualmente, os uso de tecnoloxías de apoio á aprendizaxe, incluida a Intelixencia Artificial, debe ser ético e xusto para co resto do alumnado e a docente. A docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de sospeita fundada de que algún traballo (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a sospeita fundada por parte da docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola docente.

AVALIACIÓN GLOBAL: 

Se algunha alumna/o non pode asistir regularmente ás clases e prefire optar por avaliación global, deberá comunicalo á profesora argumentadamente nas primeiras dúas semanas do curso. Nese caso, será avaliada/o mediante un exame que constará de dúas partes: 1/ a primeira será un exame escrito (75%) que avaliará os coñecementos gramaticais e léxicos desenvolvidos na materia así como a competencia do alumnado nas destrezas de comprensión oral (listening), comprensión lectora (reading) e expresión escrita (reading) sempre en relación cos contidos traballados na materia, e se realizará na data proposta polo centro (www.fcced.webs.uvigo.es); 2/ a segunda será unha proba oral (25%) a que SÓ poderá presentarse o alumnado que alcance polo menos unha nota de 4,5 na proba escrita e nela o alumnado entrevistarase coa profesora de xeito individual. As instruccións específicas para esta proba estarán dispoñibles en MOOVI dende o comezo do curso e é responsabilidade do alumnado ler e comprender as mesmas así como realizar as lecturas / visionados previos obrigatorios para a realización desta proba. A proba oral se realizará nunha data e hora establecida pola profesora dentro do periodo de realización de exames establecido pola Facultade. É responsabilidade do alumnado estar dispoñible para a a realización desta proba (que en ningún caso poderá coincidir con outro exame oficial) dentro do periodo sinalado para poder realizar a proba oral no caso de superar a proba escrita.

A escolla desta opción de avaliación única en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. Igualmente, o alumnado que non asista ás clases será responsable de manter un contacto continuado coa materia a través de Moovi.

De suspender a avaliación na primeira convocatoria o alumnado deberá examinarse de toda a materia na segunda.

Segunda convocatoria

Á segunda convocatoria de xullo poderá presentarse tanto o alumnado que non acadara a puntuación suficiente na evaluación continua como o alumnado que non superase a avaliación única. 

Na segunda convocatoria o alumnado será avaliado mediante un exame que constará de dúas partes: 1/ a primeira será un exame escrito (75%) que avaliará os coñecementos gramaticais e léxicos desenvolvidos na materia así como a competencia do alumnado nas destrezas de comprensión oral (listening), comprensión lectora (reading) e expresión escrita (reading) sempre en relación cos contidos traballados na materia, e se realizará na data proposta polo centro (www.fcced.webs.uvigo.es); 2/ a segunda será unha proba oral (25%) a que SÓ poderá presentarse o alumnado que alcance polo menos unha nota de 4,5  na proba escrita e nela o alumnado entrevistarase coa profesora de xeito individual. As instruccións específicas para esta proba estarán dispoñibles en MOOVI dende o comezo do curso e é responsabilidade do alumnado ler e comprender as mesmas así como realizar as lecturas / visionados previos obrigatorios para a realización desta proba. A proba oral se realizará nunha data e hora establecida pola profesora dentro do periodo de realización de exames establecido pola Facultade. É responsabilidade do alumnado estar dispoñible para a a realización desta proba (que en ningún caso poderá coincidir con outro exame oficial) dentro do periodo sinalado para poder realizar a proba oral no caso de superar a proba escrita.

En todos os casos, A AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE INTERCAMBIO SEGUIRÁ EXACTAMENTE O MESMO PROCEDEMENTO DO ALUMNADO REGULAR DA UVIGO, SEN EXCEPCIÓNS. AS DATAS DE AVALIACIÓN SERÁN TAMÉN AS MESMAS PARA TODO O ALUMNADO: O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DEBERÁ ESTAR DISPOÑIBLE PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS E EXAMES NAS DATAS ESTABLECIDAS.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe. É responsabilidade do alumnado acceder regularmente aos contidos da materia e demáis ferramentas da plataforma Moovi. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000