Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia: introduciranse os obxectivos, os contidos, a dinámica de traballo, e o sistema de avaliación. Nestas sesións introductorias se organizarán tamén os grupos de traballo para as tarefas grupales a desenvolver na materia. Análise de necesidades para detectar os coñecementos previos de inglés e descubrir os intereses e motivación do alumnado. Actividades de presentación.
Lección maxistral A profesora introducirá e explicará os contidos gramaticais e léxicos a traballar na materia, así como aspectos fonéticos e fonolóxicos relevantes.
Resolución de problemas Exercicios prácticos para a asimilación dos contidos gramaticais e léxicos. Priorizarase nestas sesións (A) a consolidación da gramática e o vocabulario, pero se atenderá tamén á práctica das destrezas de comprensión (lectora e auditiva) e en menor medida da expresión escrita. A expresión oral practicarase fundamentalmente nos grupos prácticos (B), aínda que todos estes aspectos abordaranse de forma holística.
Debate Sesións centradas en actividades de expresión oral: xogos de rol, simulacións, presentacións persoais e/ou profesionais, debates en grupos. Nestas sesións, o alumando realizará dramatizacións en pequenos grupos dunha breve peza teatral.
Presentación Realización de tarefas a presentar oralmente na clase de xeito individual ou en parellas: actividades didácticas para a aula de Educación Infantil, actuacións musicais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000