Nesta materia consolidaranse competencias dos niveis A1 e A2 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. Aínda que se traballarán as competencias destes niveis iniciais, non se partirá dun coñecemento cero da lingua francesa. Recoméndase que o alumnado matriculado teña estudado, ao menos, dous anos de lingua francesa en ESO e/ou Bacharelato.
Aconséllase que, tras cursar esta materia, o alumnado continúe adquirindo máis competencias en lingua francesa na Escola Oficial de Idiomas.
O profesor pediralle ao alumnado que dispoña dun perfil en Google (gmail) e en Facebook.
En caso de ausencia xustificada do profesor, este garantirá as aprendizaxes do alumnado mediante actividades en liña. |