Lección maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos sobre a materia, así como presentación de estratexias, experiencias e recursos didácticos. Isto tamén se levará á práctica mediante a formulación de diferentes propostas de traballo. |
Obradoiro |
Realización de actividades ao redor da literatura, desde os seus diferentes xéneros e formatos (álbum silente, álbum ilustrado, libro-obxecto...), así como deseño de prácticas lectoras. |
Eventos científicos |
Asistencia e participación en diferentes eventos vinculados coa materia, como é o caso do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. |