Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Gutierrez Manjón, Teresa de Jesús
Correo-e
tgmanjon@uvigo.es
Profesorado
Gutierrez Manjón, Teresa de Jesús
Web
Descrición xeral
A materia Titoria e Orientación coa Familia, está integrada no módulo de Formación Básica. Impartese no 1º cuatrimestre do 2º curso correspondente ao Plan de Estudos de Educación Infantil. Esta materia pretende ser unha ferramenta eficaz, práctica e operativa para o futuro docente, tratando de situar os procesos de orientación e tutoría no quefacer educativo diario así como establecer plans de acción titorial partindo dunha formulación educativa inclusiva e altamente personalizada en colaboración coa familia. Cumpre un papel importante no plan de estudos derivado do seu carácter formativo ao ser considerada esta materia como unha peza básica que aglutina os diferentes actos docentes e trata de contribuír a mellora da calidade do ensino