Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Os traballos monográficos consisten en pequenas investigacións sobre aspectos relevantes da educación infantil. Serán avaliados tendo en conta a calidade das aportacións e o seu formato axustado aos estándares científicos. Os/as docentes proporán traballos sobre contidos específicos que aporten actualidade, reflexión crítica ás temáticas traballadas nas clases. Cada traballo terá os seus criterios específicos de avaliación que serán explicados en clase e subidos a Moovi 30 B5
B11
C1
C13
C14
C19
C27
C28
D1
D2
D5
D8
D9
D13
D14
D15
D17
Resolución de problemas de forma autónoma Os/as docentes proporán traballos sobre contidos específicos que aporten actualidade, reflexión crítica ás temáticas traballadas nas clases. Trátase, mediante o traballo persoal e reflexivo, de afondar nos eidos da labor educativa que máis valor teñen no seu quefacer profesional futuro. Cada traballo terá os seus criterios específicos de avaliación que serán explicados en clase e subidos Moovi 30 B5
B11
B12
C1
C13
C14
C19
C27
D1
D2
D3
D6
D7
D8
D9
D14
D17
Lección maxistral As sesións maxistrais serán avaliadas mediante unha proba. Dita proba avaliará as competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. O alumnado debe responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que ten sobre a materia. Na aula da facultade establecida no documento oficial a este respecto, celebrarase un exame presencial. 40 B1
B9
B11
B12
C1
C6
C13
C14
C20
C27
C28
D1
D2
D3
D6
D7
D13
D15
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



Alumnado da modalidade de Avaliación Continua:
Para o alumnado que siga a Avaliación Continua, os traballos serán obrigatorios e contará a asistencia a clase, que tamén será obrigatoria (requírese unha asistencia regular de polo menos o 80% das sesións). Os traballos poderán ser entregados na aula ou subidos á plataforma (Moovi) segundo o calendario que sexa establecido. Para superar a asignatura será necesario que os alumnos obteñan polo menos o 50% da cualificación proposta para cada apartado, en cada proba ou actividade obxecto de avaliación. Aqueles alumnos que non superen algunha das probas ou actividades obxecto de avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo.

Alumnado da modalidade de Avaliación Global:
No caso de que un alumno ou alumna non poida seguir a avaliación continua e o traballo en grupo supervisado polo profesorado, terá unha avaliación das competencias da materia, na primeira convocatoria e nas seguintes, que incluirá: unha proba dos contidos teóricos da materia (50% da nota final); un ou varios traballos de materia (50% da nota). Para aprobar a materia, o alumno deberá obter polo menos o 50% da cualificación establecida cada unha destas dúas partes. Todas as datas de exames oficiais pódense consultar na WEB da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, no apartado de organización académica ou na seguinte ligazón: http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes/ 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000