Resolución de problemas |
Resolución de exercicios e actividades de forma individual e/ou en grupo propostas polo profesor nun boletín asociado a cada tema para reforzar os conceptos da clase maxistral. |
Prácticas con apoio das TIC |
Prácticas en aula de informática dirixidas polo profesor.
Consiste no manexo de software estatístico para a análise de datos por parte de cada alumno.
Fundamentalmente usaranse EXCEL ou CALC, e R Commander.
En cada tema, traballarase sobre o computador seguindo un guión para aprender a aplicación,
cálculo e interpretación dos conceptos e técnicas básicas de estatística sobre arquivos de datos, a maioría reais.
Respecto ao tema 1, as prácticas céntranse na análise de artigos de investigación: tipo de
investigación, estrutura: hipótese, metodoloxías, resultados e conclusións. |
Traballo tutelado |
Os alumnos realizarán un traballo de análise de datos centrado na aplicación e interpretación dos
conceptos e técnicas estatísticas da materia.
O traballo realizarase en grupo e efectuarase unha presentación do mesmo. |