Durante algunhas clases teóricas, realizaranse exercicios interactivos en gran grupo onde se concederán puntos da nota final en función da cualificación na devandita actividade.
Avaliaranse os seguintes resultados previstos na materia: 1,2,3,6,7,8,9 e 10.
8
B1
D1 D2 D3 D11 D14 D16 D18 D22
Resolución de problemas de forma autónoma
PARTE TEÓRICA.
Haberá 14 cuestionarios interactivos en Moovi. Tras realizar todos os cuestionarios débese ter unha media igual ou superior a 7,5 puntos. De non ser así, perderase a avaliación continua na PARTE TEÓRICA.
Avaliaranse os seguintes resultados previstos na materia: 1,2,3,4,5,6,7,8,9 e 10.
14
B1
D1 D2 D3 D4 D6 D11 D14 D16 D18 D22
Traballo tutelado
PARTE TEÓRICA.
Realización dun traballo en pequenos grupos relacionado coa didáctica das actividades de loita.
Avaliaranse os seguintes resultados previstos na materia: 1,2,3,4,6,7,8 e 9.
5
B1
D1 D2 D3 D4 D11 D14 D16 D18
Prácticas de laboratorio
PARTE PRÁCTICA.
Asistencia e realización das 14 clases prácticas da materia no tatami. O estudante que teña 4 faltas ou máis perderá a avaliación continua da parte práctica (e por tanto debe examinarse mediante o procedemento de AVALIACIÓN GLOBAL -NON CONTINUA-).
Avaliaranse os seguintes resultados previstos na materia: 1,2,3,4,5,6,7,8,9 e 10.
25
C1 C2 C3 C4 C6 C11 C14 C16 C20
D1 D2 D3 D4 D6 D11 D14 D16 D18 D22
Resolución de problemas de forma autónoma
PARTE PRÁCTICA.
Haberá 14 cuestionarios interactivos en Moovi. Tras realizar todos os cuestionarios débese ter unha media igual ou superior a 7,5 puntos. De non ser así, este apartado computará 0 puntos.
Avaliaranse os seguintes resultados previstos na materia: 1,2,3,4,5,6,7,8,9 e 10.
10
C1 C2 C3 C4 C6 C11 C14 C16 C20
D1 D2 D3 D4 D6 D11 D14 D16 D18 D22
Traballo tutelado
PARTE PRÁCTICA.
Realización dun traballo individual relacionado co ensino das caídas. Este traballo terá a cualificación de APTO ou NON APTO. O estudante que obteña a cualificación de APTO seguirá no procedemento de avaliación continua. O estudante que obteña a cualificación de NON APTO automaticamente pasará ao procedemento de AVALIACIÓN GLOBAL -NON CONTINUA-.
Avaliaranse os seguintes resultados previstos na materia: 1,2,3,4,5,6,7,8 e 9.
0
C1 C2 C3 C4 C6 C11 C14 C16 C20
D1 D2 D3 D4 D6 D11 D14 D16 D18
Exame de preguntas obxectivas
PARTE TEÓRICA.
Exame de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta.
O estudante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que a puntuación do exame compute na cualificación final.
Avaliaranse os seguintes resultados previstos na materia: 1,2,3,4,5,6,7,8,9 e 10.
13
B1
D1 D2 D3 D4 D6 D11 D14 D16 D18 D22
Exame de preguntas obxectivas
PARTE PRÁCTICA.
Exame de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta.
O estudante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que a puntuación do exame compute na cualificación final.
Avaliaranse os seguintes resultados previstos na materia: 1,2,3,4,5,6,7,8,9 e 10.
10
C1 C2 C3 C4 C6 C11 C14 C16 C20
D1 D2 D3 D4 D6 D11 D14 D16 D18 D22
Exame oral
PARTE PRÁCTICA.
Exame práctico, procedimental, sobre os contidos da materia no tatami. Cada estudante debe levar un uke (compañeiro ou compañeira) ao exame.
O estudante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que a puntuación do exame compute na calificación final.
Avaliaranse os seguintes resultados previstos na materia: 1,2,3,4,5,6,7,8,9 e 10.
15
C1 C2 C3 C4 C6 C11 C14 C16 C20
D1 D2 D3 D4 D6 D11 D14 D16 D18 D22
Outros comentarios sobre a Avaliación
CONVOCATORIA 2º CUADRIMESTRE (maio-xuño):
Estudantado de AVALIACIÓN CONTINUA (cualificacións e CRITERIOS DE AVALIACIÓN para cumprir a avaliación continua):
Parte TEÓRICA (40% da nota final).
Realización de exercicios
interactivos en gran grupodurante algunhas clases teóricas a través da app Kahoot, onde se concederán
puntos da nota final en función da cualificación en devandita
actividade. Estes exercicios supoñen o 8%.
Cuestionarios
interactivos en Moovi da PARTE TEÓRICA. A cualificación dos cuestionarios
supón un 14%. Haberá 14 cuestionarios. Tras realizar todos os cuestionarios, se o estudante ten unha nota media inferior a 7,5 puntos pasará a ser avaliado mediante o procedemento de avaliación global -non continua-.
Traballo tutelado sobre Unidade Didáctica. A cualificación deste
traballo supón un 5%. Consistirá en realizar un traballo en pequenos grupos
relacionado coa didáctica das actividades de loita.
Exame de preguntas
obxectivas. A cualificación supón un 13%. Consiste nun exame de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta da parte teórica da materia. O estudante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que a puntuación do exame compute na cualificación final. Suspender este exame (con menos dun 4) non implica perder a avaliación continua.
Parte PRÁCTICA (60% da nota final):
Asistencia e REALIZACIÓN
das clases prácticas no tatami. A cualificación das mesmas supón un
25%. O estudante que teña 4 faltas ou máis deixará de ser avaliado polo
procedemento de avaliación continua e automáticamente pasará a ser avaliado mediante o procedemento de avaliación global -non continua-. O estudante que asista á práctica, pero NON
realice a práctica, non lle computará como unha falta de asistencia, pero si terá unha cualificación de cero en dita sesión.
Cuestionarios interactivos
en Moovi da PARTE PRÁCTICA. A cualificación dos cuestionarios
supón un 10%. Haberá 14 cuestionarios. Tras realizar todos os cuestionarios, se o estudante ten unha nota media inferior a 7,5 puntos, a puntuación deste apartado será de 0 puntos.
Traballo tutelado sobre as caídas. Consistirá en realizar un traballo individual sobre o proceso de ensino-aprendizaxe das caídas nas actividades de loita. A cualificación deste
traballo será de APTO ou NON APTO. O estudante que obteña a cualificación de APTO seguirá no procedemento de avaliación continua. O estudante que obteña a cualificación de NON APTO automáticamente pasará ao procedemento de AVALIACIÓN GLOBAL -NON CONTINUA-.
Exame de preguntas
obxectivas. A cualificación supón un 10%. Consiste nun exame de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta da parte práctica da materia. O estudante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que a puntuación do exame compute na cualificación final. Suspender este exame (con menos dun 4) non implica perder a avaliación continua.
Exame oral. A cualificación supón un 15%. Consiste nun exame sobre os aspectos procedimentais da materia que se desenvolverá no tatami. Cada estudante acudirá ao exame co judogi e cun uke (compañeiro ou compañeira). O estudante deberá sacar un mínimo de 4 sobre 10 para que a puntuación do exame compute na cualificación final. Suspender este exame non implica perder a avaliación continua.
A cualificación global da materia obterase realizando a suma de ambas as partes (teórica e práctica). Un estudante supera a materia cando obteña un mínimo de cinco
sobre dez.
Se na convocatoria de 2º cuadrimestre (maio-xuño), un estudante perde a avaliación continua nunha das partes, deberá presentarse mediante o procedemento de avaliación global -non continua- nesa parte da materia.
Estudantado de AVALIACIÓN GLOBAL -NON CONTINUA- (para o estudantado que non cumpre os criterios da avaliación continua):
Parte TEÓRICA. A avaliación se realizarase mediante unha
proba final correspondente aos temas impartidos durante o curso: exame
de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. O estudantado terá que obter un cinco sobre
dez no exame. Esta cualificación supoñerá o 40% da cualificación global.
Parte PRÁCTICA. A avaliación efectuarase mediante DÚAS
probas prácticas finais. 1) exame de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta sobre os
contidos prácticos (supón o 30%). 2) exame teórico-práctico oral e
no tatami cun compañeiro/a, correspondente aos temas impartidos durante
o curso (supón o 30%). O estudantado terá que obter un cinco
sobre dez en ambas probas. Cumprida esta condición, a cualificación global da
parte práctica supoñerá o 60% da cualificación global.
A cualificación final da materia obterase realizando a suma de ambas partes (teórica e práctica). Un estudante supera a materia cando obteña un minimo de cinco sobre dez coa condición de que supere as dúas partes.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (xuño-xullo):
Se un estudante perde a avaliación continua nunha das partes, pero mantén a avaliación continua na outra, gardarase esta cualificación positiva até a seguinte convocatoria de xuño-xullo (non se gardará para posteriores convocatorias). A parte non superada avaliarase conforme se indica no procedemento de avaliación non continua.
Se o estudante non seguiu o proceso de avaliación continua en ningunha das dúas partes, será avaliado polo procedemento de avaliación globlal -non continua- explicado anteriormente.
CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA (setembro):
O estudantado será avaliado polo procedemento de avaliación global -non continua- explicado anteriormente.
Publicación das
cualificacións e exames oficiais:
As cualificacións de cada convocatoria serán publicadas en Moovi, onde se indicarán
as datas de revisión dos exames.
As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na apartado
"Docencia - Exames".
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000