|
Descrición |
Lección maxistral |
As leccións que conforman o temario desta materia serán elaboradas e presentadas de forma expositiva ao grupo clase. A docente centrará a súa intervención, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada tema, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos outros temas da guía docente. |
Presentación |
A exposición por parte do alumnado consiste na presentación dun traballo incluido nos contidos. O recurso principal será a linguaxe oral, aínda que tamén pode estar acompañado de texto escrito. Esta presentación expositiva permitirá extraer os puntos máis importantes dunha ampla gama de información. |
Traballo tutelado |
Os traballos monográficos de aula terán como cometido a iniciación á investigación. Serán realizados de xeito individual ou en pequeno grupo, mediante o uso das TICs, documentos proporcionados pola docente, entrevistas ou reunións con profesionais ... A súa finalidade consiste na aplicación práctica de diferentes aspectos que constitúen os contidos da materia. |
Seminario |
Elaboración dun traballo, voluntario, relacionado coas actividades prácticas desta materia, en grupos e seguindo as directrices expostas na plataforma dixital Moovi. |
Resolución de problemas |
O citado traballo final da materia será especificado pola docente ao inicio do curso, unha vez feitas as propostas de varias temáticas relacionadas coa actividade física e deportiva e despois das oportunas orientacións, fontes documentais, bibliográficas e de webgrafía. |
Saídas de estudo |
Realizarase unha saída de estudos relacionada coa temática da materia, que clarificará aspectos teóricos tratados na aula.
Dita saída está supeditada á aprobación, por parte da Xunta de Centro e a dotación económica correspondente. |
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e transmitir información ó alumnado sobre os contidos e o desenvolvemento da materia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo en pequenos grupos, mixtos e heteroxéneos, que permitan ó alumnado traballar de forma conxunta e coordinada para a consecución das tarefas académicas asignadas e afondar na aprendizaxe. |
Metodoloxías baseadas en investigación |
A través do traballo de investigación sobre unha entidade relacionada co campo de acción das persoas graduadas en CAFYD, valorar o grao de adaptación á realidade da contorna. |
Design Thinking |
Busca de solucións a problemas e retos propostos na aula, empregando a creatividade, a multidisciplinariedade e o traballo en equipo. |