Lección maxistral |
O alumnado ten a posibilidade de presentar as súas dúbidas. A docente, atendendo ás dúbidas, repasará conceptos, proporá novos exemplos ... Así mesmo, o estudantado poderá revisar a cualificación obtida na proba final escrita e demáis traballos que deban presentar, comprobando que ésta se axusta aos criterios de avaliación establecidos na guía docente. |
|
Resolución de problemas |
Para a súa elaboración, realizarase atención personalizada na aula e a demanda -se procede- nas horas de titoría. |
|
Seminario |
Para asesorar, orientar e informar sobre temáticas a desenvolver á hora de realizar os traballos prácticos. Realizarase apoio, seguimento e evolución dos grupos de traballo por parte da docente. Así mesmo, aproveitaranse as titorías individuais para resolver posibles dúbidas relacionadas con aspectos concretos da materia, tanto teóricos como prácticos. |
|
Aprendizaxe colaborativa |
Nestas sesións, en grupos reducidos, realizarase un seguimento e resolveranse as dúbidas formuladas polo alumnado, en especial cando sexan comúns ou ilustren un caso interesante, coa finalidade de que o alumnado acade os obxectivos marcados para esta materia. |
|
Design Thinking |
Nestas sesións, en grupos reducidos, realizarase un seguimento e resolveranse as dúbidas formuladas polo alumnado. |
|