Prácticas de laboratorio |
Desenvolveranse sesións prácticas vinculadas cos bloques temáticos da materia, permitindo ao alumnado aplicar os conceptos aprendidos nun entorno práctico e experimental. As prácticas consistirán en tarefas grupais asociadas cos contidos obxecto de cada práctica. Promoverase a asistencia a tutorías individualizadas e grupais co obxectivo de apoiar, analizar e avaliar o proceso de elaboración das tarefas propostas durante o desenvolvemento das sesións prácticas.
|
Traballo tutelado |
O/a estudante, xa sexa de maneira individual ou en grupo, elaborará un traballo relacionado cos contidos da materia. |