Didáctica de la educación física y las actividades físico-deportivas I
Código
P02G051V01-52893
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OB
3
1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas especiais
Coordinador/a
Rey Cao, Ana Isabel
Correo-e
anacao@uvigo.gal
Profesorado
Rey Cao, Ana Isabel
Web
Descrición xeral
A didáctica é o ramo das Ciencias da Educación que ten por obxecto a optimización do proceso ensino-aprendizaxe (E-A).
O obxectivo desta materia é facilitar ao alumnado os coñecementos básicos para desenvolver con rigor didáctico a programación dun proceso de E-A a través de prácticas corporais. A práctica reflexiva e o traballo colaborativo son os eixes transversais da materia.
A Didáctica é un contido transversal indispensábel para a práctica profesional das graduadas e graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Está presente en todo proceso de E-A, con independencia do ámbito onde se desenvolva: rendemento deportivo, ocio, educación ou saúde.
Nesta aproximación inicial abórdanse os principais elementos do sistema que constitúe unha programación educativa.
A materia aporta as ferramentas básicas coas que poder adaptarse a calquera proceso de ensino-aprendizaxe en contextos non formais (docencia en actividades extraescolares, escolas deportivas, asociacións, centros socioculturais, academias, etc.) e formais (educación física escolar).
Céntrase na dimensión máis instrutiva dos procesos de E-A: deseño das tarefas de E-A para a optimización dos obxectivos e contidos; e na aplicación dos métodos para a comunicación. espazo e disciplina.