Presentación |
Informe do tribunal sobre a memoria doTFG, exposición e defensa |
70 |
|
|
|
|
A calificación será a suma ponderada da calificación do Tribunal (70%) máis a valoración do titor/a (30%). A valoración do Tribunal será o promedio aritmético das notas atribuidas por cada un dos seus membros. O TFG debe ser un traballo persoal no que se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras doutra autoría acreditarase explicitamente a súa orixe. Aqueles estudantes que non superen o TFG na avaliación do segundo cuadrimestre poderán presentarse á segunda convocatoria no mes de xullo. As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán publicadas con antelación suficiente na web da Facultade:http://fcced.uvigo.es/gl/ No caso de obter a cualificación de suspenso, ben sexa na primeira ou segunda convocatoria, o tribunal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao estudante e ao/o titor/a para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Conforme a normativa vixente, con independencia de ser estudantes asistentes como non asistentes, o alumnado disfrutará de condicións equivalentes de avaliación |