Lección maxistral |
O carácter da materia fai necesario combinar varios tipos de metodoloxías, dependendo da natureza dos obxectivos a alcanzar e os contidos a tratar. Avogarase por unha metodoloxía activa, alternando exposicións maxistrais e traballo en pequeno grupo nas sesións teóricas e vivencia das diferentes propostas de tarefas (do profesor e dos propios alumnos) nas sesións practicas.
Ademais, o alumno disporá dun soporte virtual de apoio á docencia, a través da plataforma TEMA (http://www.uvigo.es/faitic), co que poderá realizar un seguimento parcialmente on-line da materia.
- Organización da docencia:
As sesións de carácter teórico e práctico desenvolveranse en horario e localización fixadas polo centro. |
Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a ejercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo. |
Flipped Learning |
O estudante recibirá a través da plataforma de teledocencia faitic documentación para que poida traballar sobre ela e posteriormente poder expor ao profesor dubidas ou problemas de aprendizaxe relacionada con estes contidos |