Todo o alumnado, asista ou non ás clases, ten dereito a ser avaliado (mediante un exame ou no modo en que se estableza na guía docente). Avaliación continua: a) Avaliación ALUMNADO ASISTENTE (asiste, polo menos, ao 85% das sesións prácticas programadas): - É indispensable superar o exame teórico cunha cualificación míima de 5 puntos para aprobar a materia. De non ser así, o resto de cualificacións manteñen a sea validez en posteriores convocatorias. - De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. - Na segunda convocatoria do mesmo curso académico se manterán as cualificacións da primeira convocatoria. Avaliación global: b) Avaliación ALUMNADO NON ASISTENTE (asiste a menos do 15% das sesións prácticas programadas): - En todo caso manteñen a súa vixencia os criterios de avaliación e serán consultados previamente co docente da materia cando os alumnos non asistan de maneira regular durante o curso. - As competencias da materia serán avaliadas nunha proba única de natureza teórica (50%) e práctica (50%) que debe ser superada cunha cualificación mínima dun 5. c) As datas oficiais dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte: http://fcced.uvigo.es/gl/ |