Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Actividade física e deporte adaptado
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Durante as clases teóricas farase partícipe ao alumnado coa finalidade de que senta parte activa das sesións. O docente estará pendente de calquera dúbida que poida xurdir e de si os contidos están a ser comprendidos ou non.
Resolución de problemas A proposta de realizar diferentes actividades de aula busca facer un seguimento do proceso do estudantado e dar un feedback positivo. Isto favorecerá e mellorará o proceso de ensino-aprendizaxe, facendo do mesmo un proceso continuo e formativo.
Estudo de casos A análise do estudo de casos busca acompañar e guiar ao estudantado durante a elaboración do traballo, resolver as súas dúbidas e seguir os principios de titorización propios dos procesos de avaliación formativa e compartida.
Prácticas de laboratorio O seguimento e o acompañamento do estudantado será constante durante a duración das clases prácticas. O feedback será positivo, o que facilitará ao estudantado a comprensión, a adquisición e a fixación dos contidos traballados.
Probas Descrición
Exame de preguntas obxectivas Acompañarase e orientará ao estudantado durante o proceso de preparación do exame. Poderán facelo vía email ou solicitando unha titoría.
Traballo Farase un seguimento e un proceso de avaliación formativa e continua durante a elaboración do traballo. O estudantado poderá solicitar unha titoría cando o desexe para atender as dúbidas que poida ter. Poderán expor as súas dúbidas por vía telemática e ofréceselles facer un seguimento do traballo.
Presentación Farase un seguimento do proceso de elaboración do traballo. Poderán solicitar unha titoría para abordar as súas dúbidas ou para ser axudados durante a preparación da exposición do seu traballo. Tamén se lles ofrece facer este seguimento a través do correo electrónico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000