Avaliación continua
Este método de avaliación implica a realización das seguintes probas: - Realizar o traballo exposto polo profesor/a vinculados co desenvolvemento dos contidos - 30%. - Realizar unha presentación oral do traballo teórico-práctico - 10% - Realizar un exercicio de análise de textos científicos - 20% - Realizar o exame de preguntas obxectivas - 40%. Requisitos para superar a materia: - É necesario sacar un 5 no exame para poder aprobar a materia. As notas das demáis probas de avaliación soamente se sumarán no caso de que o exame estea aprobado. - É obrigatorio presentar todos os traballos, en caso de non facelo se suspenderá a avaliación continua e, por tanto, a materia. - É obrigatorio cumprir co 80% de asistencia ás clases prácticas.
Aqueles/as alumnos/as que non alcancen o minimo de asistencia indicado, deberán realizar un exame de contidos prácticos na 1ª convocatoria cuxa valoración será de "apto" ou "non apto" . Si resulta non apto, se suspenderá a materia. Recuperación - Se non se aproba o exame, se gardarán as notas do resto de probas realizadas só para a 2ª convocatoria (xuño/xullo). - Se non se presenta algún dos traballos requiridos, se suspenderá a avaliación continua e deberá presentarse o mesmo na 2ª convocatoria (xuño/xullo). Se conservarán as notas das partes presentadas/superadas só para a 2ª convocatoria (xuño/xullo). - Se non se alcanza unha valoración de "apto" no exame práctico (persoas que non alcanzaron o mínimo de asistencia esixida) deberán presentarse ao exame práctico da 2ª convocatoria (xuño/xullo). Avaliación global Este método de avaliación implica a realización das seguintes probas: - Realizar o traballo exposto polo profesor/a vinculados co desenvolvemento dos contidos (40%). - Realizar o exame de preguntas obxectivas (60)%. Requisitos para superar a materia - É necesario sacar un 5 no exame para superar a materia. A nota do traballo soamente se sumará no caso de que o exame estea
aprobado. - Se só supérase unha das dúas probas, se gardará a nota da parte aprobada soamente para a 2ª convocatoria (xuño/xullo). - A realización do traballo é obrigatoria. En caso de non presentalo, se suspenderá a materia. - É obrigatorio cumprir co 80% de asistencia ás clases prácticas.
Aqueles/as alumnos/as que non alcancen o mínimo de asistencia indicado, deberán realizar un exame de contidos prácticos na 1ª
convocatoria cuxa valoración seráde "apto" ou "non apto" . Si resulta non
apto, se suspenderá a materia. Recuperación
-
Se non se aproba o exame, se gardará a nota do traballo (en caso de ser presentado) só para a 2ª convocatoria (xuño/xullo). - Se non se presentou o traballo requirido, deberá realizarse o mesmo e entregalo na 2ª convocatoria (xuño/xullo).
- Se non se alcanza unha valoración de "apto" no exame práctico (persoas que non
alcanzaron o mínimo de asistencia esixida) deberán presentarse ao
exame práctico da 2ª convocatoria (xuño/xullo).
Convocatoria Extraordinaria
Para a convocatoria extraordinaria realizarase un exame cuxo valor será o 100% da nota.
Datas de exames
As datas dos exames se poderán consultar na páxina web da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na seguinte ligazón: http://fcced.uvigo.es/*gl/docencia/*exames |