Todo o alumnado, independentemente de que asista a clase ou non, ten dereito a ser avaliado. Para supera-la materia, o alumnado deberá obter 5 puntos ou máis, sumando a parte teórica, a práctica e os traballos. * Cada un dos tres traballos valorarase cos siguientes criterios: a)Presentación correcta; b)Contido axeitado; c)Figuras e taboas pertinentes; d)Referencias biblográficas dos artigos indexados (mínimo de 4). ** A superación das prácticas de laboratorio, contempla a asistencia ao 80% das mesmas, e a entrega das memorias correspondentes. No caso de que se supere o 20% das faltas, ou non se asista nunca a elas, o alumnado terá que facer un exame teórico, de tipo de pregunta curta dos mismos contidos das prácticas. Este exame teórico das prácticas, realizarase a continuación do exame oficial da teoría, o día sinalado polo decanato. O aprobado nas prácticas de laboratorio gardarase ata a terceira convocatoria. Para o resto de convocatorias rixen os mesmos criterios comentados anteriormente. |