Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Estatística: Metodoloxía da investigación e estatística na actividade física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliación do traballo grupal.

Cada actividade de grupo terá unha nota, que se trasladará aos compoñentes do grupo segundo a súa contribución. Ao final calcularase unha nota media (ponderada, se procede) de
todas as actividades.
0 B2
B11
B12
B13
B25
B26
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final de preguntas curtas e exercicios sobre os conceptos e técnicas expostos e traballados na aula de teoría.

Avalíase a aprendizaxe da metodoloxía sesión maxistral e resolución de problemas e exercicios dos boletíns da aula de teoría.
50 B13
B26
Práctica de laboratorio A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase mediante dous exames (20% cada un) que consisten na resolución e interpretación de problemas prácticos de análise estatística de datos coa utilización de software. 50 B2
B12
B13
B26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dado que non existe docencia presencial, só se contempla un sistema de avaliación global e non se fará o traballo de grupo.

-Primeira oportunidade:

A avaliación global consta dun exame final de teoría (50%) e un exame final de computador (50%).

En cada un dos 2 exames será necesaria unha nota mínima de 4 para calcular a media final.

-Segunda oportunidade:

A avaliación global consta dun exame final de teoría (50%) e un exame final de computador (50%).

En cada un dos 2 exames será necesaria unha nota mínima de 4 para calcular a media final.

Dun curso para outro non se gardarán exames superados nin partes da materia

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000