1. Cada semana, o estudantado ten en Moovi os contidos que se impartirán na materia (parte teórica e parte práctica), así como o material (apuntamentos, lecturas, vídeos, etc.) para traballar estes contidos. Para un maior aproveitamento das clases teóricas e prácticas, recoméndase facer uso deste material antes de asistir ás devanditas clases.
2. Formalizar canto antes o grupo en Moovi (entre catro e seis persoas) para a realización do traballo da parte teórica.
3. Estudar e traballar o material da materia de forma continuada, tanto para a realización dos cuestionarios semanais como para a preparación dos diferentes exames.
4. Expor aos profesores da materia todas as preguntas/consultas que se consideren necesarias en cada momento referidas ao temario, prácticas, cuestionarios, traballos, etc.
5. Comunicar ao profesorado as suxestións de mellora da materia.
6. A metade de cuadrimestre comezarán as TITORÍAS PRÁCTICAS. Estas realizaranse fóra do horario lectivo da materia. O día e hora exacta será elixido polo estudantado. Para maior aproveitamento da parte práctica da materia recoméndase asistir ao maior número de sesións posible e levar un dispositivo electrónico para poder acceder ao material situado en Moovi. |