Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Anatomía humana: Anatomía e kinesioloxía humana
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas É obrigatorio realizar e entregar en tempo e forma TODOS E CADA UN DOS EXERCICIOS / PROBLEMAS / PRÁCTICAS propostos nas clases teóricas e prácticas.

O profesorado determinará os criterios de calidade e fará pública a nota mínima de cada exercicio para a súa superación e cómputo na nota final. Igualmente, as penalizacións na nota por atrasos en entrega ou defectos de forma.

A non entrega dun ou máis exercicios en tempo e forma, ou non alcanzar a nota mínima nun ou máis exercicios, suporá a non superación deste apartado que deberá recuperarse na seguinte edición.
60
Exame de preguntas obxectivas Realizarase un exame escrito mediante cuestionario. O tipo de preguntas e respostas, así como a cantidade e penalización por resposta errónea, serán anunciados polo profesorado con antelación.

No exame deberá obterse unha puntuación mínima de 5 (Escala de 0-10) para a súa superación.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OUTROS COMENTARIOS:

  1. Todo o alumnado asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado (mediante exame ou según estableza a guía docente).
  2. As datas oficiais dos exámenes pódense consultar na web da facultade
  3. De non ter superada a materia na primeira edición ou convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na 2ª edición ou convocatoria.

2 A 2ª EDICIÓN Ou CONVOCATORIA (XUÑO-XULLO)

  1. Nesta convocatoria ou edición manteranse os mesmos criterios que na 1ª edición ou convocatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000