Avaliación de recuperación da ausencia aos seminarios da materia.
A/O estudante que non asista no mínimo ao 90% do total
de horas asignadas de seminarios, deberá facer un exame práctico en relación
aos contidos impartidos nos seminarios da materia. A puntuación para
ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. Dita proba farase
na data marcada no calendario oficial académico. Esta
avaliación correspóndese con o 20% da puntuación total da materia. De igual xeito a/o estudante, deberá facer o exame de preguntas obxectivas, en
relación aos contidos impartidos nos seminarios da materia. É
preciso ter superado estas dúas probas de avaliación (exame
práctico e exame tipo test), para poder superar esta parte de
seminarios da materia.
2ª
edición ordinaria (xullo).
A
esta convocatoria deberá presentarse a/o estudante que non teña
superada algunha/s das partes correspondentes desta materia.
.- No
caso de que a/o estudante non
teña
superada a avaliación continua ou a proba
práctica de recuperación da ausencia aos seminarios, terá
que facer un exame práctico en
relación aos contidos impartidos nos seminarios da materia.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos
sobre 10. Dita
proba farase na data marcada no calendario oficial académico,
para
a 2ª edición ordinaria. Esta avaliación correspóndese con o 20% da puntuación total da
materia.
.-
No caso de que
a/o
estudante non
teña
superado
o exame de preguntas obxectivas
correspondente
a parte de seminarios da materia, terá
que
facer
esta proba de
preguntas tipo test. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E, acertos - erros).
A
puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos
sobre 10. Dita proba farase na data marcada no calendario oficial
académico, para
a 2ª edición ordinaria.
Esta avaliación correspóndese con o 20% da puntuación total da materia.
Será
preciso superar estas dúas probas de avaliación (exame
práctico e exame tipo test), para poder superar esta parte de
seminarios da materia. Esta avaliación
correspóndese no global con o 40%
da puntuación total da materia.
.-
No
caso de que a/o estudante non teña superada a parte da teoría, deberá facer un
exame de preguntas obxectivas tipo test. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E, acertos - erros). A puntuación mínima para ser apto neste apartado será de 5 ou
máis puntos sobre 10.
Dita proba farase na data marcada no calendario oficial académico,
para a 2ª edición ordinaria. Esta avaliación correspóndese con o 60% da puntuación total
da materia.
Para
superar a materia nesta 2ª edición ordinaria, será preciso superar a parte
de seminarios (proba práctica e proba tipo test) e a parte teórica da materia (exame
de preguntas obxectivas tipo test).
Convocatoria
de Fin de carreira.
A/O estudante, poderá presentarse a esta
convocatoria de fin de carreira (previa matrícula específica para
esta convocatoria), na que prevalecerán os mesmos criterios de realización e de avaliación indicados
para a 1ª e 2ª edición ordinaria. As
probas de avaliación correspondentes, faranse na data indicada no
calendario oficial académico para esta convocatoria de “fin de
carreira”.
Outros
comentarios.
As datas oficiais para
a realización das probas de avaliación desta
materia, en todas as edicións, serán
as marcadas no calendario oficial académico da UVigo. Ditas
datas estarán dispoñibles
para a/o estudante na páxina web da Escola: http://euenfou.webs.uvigo.es/index.php/gl-es/
A
data de revisión das probas de avaliación nas súas diferentes
convocatorias, serán comunicadas oportunamente por
parte do profesorado
da materia,
no momento da publicación da lista de cualificacións provisionais.