O Traballo de Fin de Master (TFM) é un traballo orixinal e persoal que cada alumno realizará de maneira independente baixo a titoría do profesorado e permitiralle mostrar de maneira integrada a adquisición do contido da formación e as competencias asociadas ao título.
Materia do programa English Friendly: Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as tutorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.