A propulsión espacial refírese a calquera tecnoloxía capaz de impulsar unha nave polo espazo. Para efectuar viaxes espaciais, é necesario algún sistema de propulsión capaz de imprimir aceleración aos vehículos. O motores foguete son os máis empregados para a propulsión de naves espaciais, xa que xeran unha enorme potencia e non requiren osíxeno atmosférico para funcionar. O curso céntrase, sobre todo, na propulsión espacial eléctrica, a nova tecnoloxía líder para a propulsión no espazo, tanto en aplicacións da contorna Terra como do sistema solar interior.
Materia do programa English Friendly: Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as tutorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.